miércoles, 2 de noviembre de 2022

Samaín

 Este curso puidemos celebrar O SAMAÍN dun xeito especial, xa que dende o colexio queremos incidir especialmente, mediante a realización de proxectos específicos, na importancia dos hábitos de vida saudables. Tomando iso como referencia, decidimos seleccionar como tema común par a celebración do Samaín-Halloween a ausencia de saúde, podendo optar por diversas posibilidades para disfrazarse (zombis, feridos,...)

  • Exposición de cabazas e de monstruosas obras de arte, polos corredores do centro.


 

 

  


  • O alumnado de EP asistíu a unha actividade no salón de actos, consistente no visionado dun video terrorífico producido polo Equipo de Plurilingüismo do centro e unha actuación do alumnado de 6º.




  • O alumnado de EI tivo acceso ao conto FUNNYBONES, elaborado por Margo.

  • Día de disfraces. Podemos ver unha grande orixinalidade.
Entre os profes


Entre o alumnado


Ata saímos nun xornal



jueves, 20 de octubre de 2022

Xogos tradicionais

O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.


Versión WEB


Pódese descargar a app na seguinte ligazón:

 http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/web/paxina/descarga-a-app


jueves, 6 de octubre de 2022

Recursos para aprender, traballar e crecer en galego.

  • O vídeo Sabes todo o que temos no mar?



Vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa.

Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.


  • As 14 obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego e con materiais orientados á docencia da Biblioteca Fantástica Dixital:
Catorce obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego que avanzan no proxecto de dixitalización global dos clásicos da literatura fantástica editados por Urco iniciado durante a primeira edición do Fondo Xacobeo.

O proxecto inclúe a reedición completa; a creación de materiais complementarios orientados á docencia, que están integrados en cada volume, e a conversión en formato ePub. Os e-pubs póñense a disposición do público de forma gratuíta, sen restricións (DRM) e con licenza de uso libre (CC BY-SA) da cidadanía.

Títulos

De Robert E. Howard:

  • Almuric
  • Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
  • Relatos de terror sobrenatural
  • Máis relatos de terror sobrenatural
  • Solomon Kane

De Jack London:

  • A praga escarlata
  • Contos de ciencia ficción I
  • Contos de ciencia ficción II
  • O talón de ferro.

Pódense descargar nas seguintes ligazóns:


martes, 27 de septiembre de 2022

Aliméntate ben, actívate tamén!!!

Durante este curso 2022-2023,  o EDLG  establecerá un proxecto de traballo DEDICADO A HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE, que titularemos : “ALIMÉNTATE BEN, ACTÍVATE TAMÉN”, que terá continuidade o vindeiro curso co coidado do medio ambiente, por iso está encadrado nun proxecto de centro titulado CORPOPLANET.

Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro baixo un tema común a todos os equipos, ao mesmo tempo que se lle da visibilidade aos hábitos de vida saudable, dende unha triple vertente: hixiene, alimentación e movemento.

O proxecto consiste en deseñar, executar e avaliar un programa de actividades relacionado cos hábitos de vida activa e saudable. Buscamos traballar todas as dimensións dun xeito integral e transversal. Este tema responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos de vida  adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria), a  e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual e buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro.

Pretendemos fomentar o desenvolvemento dun proxecto educativo que impliquen o uso da lingua galega e que garantan unha plena competencia comunicativa neste idioma, un proxecto que valorice e promova o seu emprego á vez que potencie habilidades comunicativas e actitudes a prol da lingua.

Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo os HÁBITOS SAUDABLES , tan necesarios nun entorno escolar san.

jueves, 16 de junio de 2022

O alustre 2022

Aquí temos o xornal que pon o punto final do curso 2021-2022, O ALUSTRE:


                                                  



lunes, 23 de mayo de 2022

Letras Galegas 2022

 Foron varias as actividades realizadas. Algunhas recóllense a continuación:

EXPOSICIÓN DE CARTEIS


Que visitaron entre outros os nenos e nenas de 5º de primaria




INFOGRAFÍAS





OBRA DE TEATRO

Os rapaces e rapazas de 4º acudiron a unha obra de teatro programada polo concello de O Carballiño sobre a "Vida e Obra de Florencio Delgado Gurriarán"






DEBUXAMOS

Os nenos e nenas de 2º e 3º amosaron as súas dotes artísticas debuxando a Florencio.





XINCANA DA LINGUA

Dende o Concello de O Carballiño, propuxéronnos este obradoiro para o alumnado de 3º de primaria.
Tratáronse de probas grupais e retos lingüísticos cunha importante carga lúdica, na que os rapaces e rapazas tiveron que poñer en xogo as súas destrezas e coñecementos lingüísticos e culturais, en tarefas do día a día, como ir facer a compra, demostrar o seu espíritu festeiro,...





RECITAMOS POEMAS




FIXEMOS UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN "CORES" DE MAGÍN BLANCO



jueves, 9 de diciembre de 2021

2º proxecto: a discapacidade visual

Os nenos e nenas de Ed. Infantil xogaron a "pita cega" e "cada ovella coa súa parella". Deste xeito experimentaron as sensacións do que se sinte cando non se ve, cando estamos privados so sentido da vista.


Os nenos e nenas de 2º de Primaria tiveron unha charla cunha profesora de lingua de signos, Uxía.

Resultou moi interesante!!!!


Os nenos de primeiro e segundo elaboraron o libro, "Sentindo as cores". As cores percibidas con distintos sentidos, para que os nenos e nenas con discapacidade visual poidan aprender as cores.


Os nenos de terceiro e cuarto elaboraron o libro"Brailleo eu, brailleas ti". Vocabulario relacionado co colexio en galego e braille.


Os nenos de quinto e sexto elaboraron un libro"As persoas con discapacidade visual tamén destacan." onde aparecen persoas con discapacidade visual que destacan nalgunha disciplina.


Samaín

 Este curso puidemos celebrar O SAMAÍN dun xeito especial, xa que dende o colexio queremos incidir especialmente, mediante a realización de...