martes, 27 de septiembre de 2022

Aliméntate ben, actívate tamén!!!

Durante este curso 2022-2023,  o EDLG  establecerá un proxecto de traballo DEDICADO A HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE, que titularemos : “ALIMÉNTATE BEN, ACTÍVATE TAMÉN”, que terá continuidade o vindeiro curso co coidado do medio ambiente, por iso está encadrado nun proxecto de centro titulado CORPOPLANET.

Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro baixo un tema común a todos os equipos, ao mesmo tempo que se lle da visibilidade aos hábitos de vida saudable, dende unha triple vertente: hixiene, alimentación e movemento.

O proxecto consiste en deseñar, executar e avaliar un programa de actividades relacionado cos hábitos de vida activa e saudable. Buscamos traballar todas as dimensións dun xeito integral e transversal. Este tema responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos de vida  adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria), a  e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual e buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro.

Pretendemos fomentar o desenvolvemento dun proxecto educativo que impliquen o uso da lingua galega e que garantan unha plena competencia comunicativa neste idioma, un proxecto que valorice e promova o seu emprego á vez que potencie habilidades comunicativas e actitudes a prol da lingua.

Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo os HÁBITOS SAUDABLES , tan necesarios nun entorno escolar san.

Samaín

 Este curso puidemos celebrar O SAMAÍN dun xeito especial, xa que dende o colexio queremos incidir especialmente, mediante a realización de...