miércoles, 18 de junio de 2025

O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado»

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da comunidade educativa, propuxo, para o curso 2024-2025, o proxecto titulado “AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS”, co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no ámbito educativo a través do estudo das culturas antigas.

Pretendíamos que o alumnado valorara o patrimonio cultural e material que deixou o mundo antigo. Ditas civilizacións fixeron unha cultura, avances tecnolóxicos e unha organización social, política e militar que seguen vixentes nas nosas sociedades modernas.

Este proxecto buscou integrar o galego como lingua vehicular nun tema de gran interese e relevancia cultural, achegando ao alumnado o legado destas civilizacións e potenciando o seu desenvolvemento competencial en comunicación, investigación e creatividade. Intentamos que O GALEGO se empregara en todas as situacións da vida cotiá do centro baixo un tema común a todos os equipos.

Con este tema de base, pretendemos fomentar o desenvolvemento dun proxecto educativo que implicara o uso da lingua galega e que garantira unha plena competencia comunicativa neste idioma, un proxecto que valorizou e promoveu o seu emprego á vez que potenciou habilidades comunicativas e actitudes a prol da lingua.



E como MEMORIA GRÁFICA DO PROXECTO, a nosa Revista Escolar:


O ALUSTRE


Chegado este fin de curso, dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, todo o voso traballo durante este ano escolar. O noso proxecto titulado “ANTIGAS CIVILIZACIÓNS” naceu coa intención de facer unha síntese sinxela e rigurosa que axudara a comprender a historia de aqueles pobos da Antigüidade que orixinaron o que hoxe coñecemos como “civilización”. Sociedade humanas que desenrolaron a agricultura, a gandeiría, unha organización social complexa e crearon centros urbanos con estruturas administrativas e división do traballo. Nalgunhas o poder estaba concentrado nun grupo privilexiado, cunha vida diferenciada do resto da sociedade. Achegámonos aos antigos exipcios, gregos, romanos, chinos,..., mayas, aztecas e aos nosos ancestros os celtas. Todas sentaron as bases para o desenvolvemento da civilización humana, marcando coas súas innovacións un punto de inflexión na historia da humanidade. Co estudo das civilizacións antigas quixemos contribuir a que os nenos e nenas fomentaran a súa comprensión cultural e se desenvolveran intelectualmente. Coñecendo as dificultades que enfrentaron o antepasados e a forma que tiveron de resolver os seus problemas, poderán comprender como chegamos á sociedade actual e definir a nosa popia identidade. Queremos expresar o noso agradecemento pola vosa constante dedicación e esforzo. O voso compromiso co proxecto foi evidente en cada unha das actividades realizadas. Grazas por compartir as vosas experiencias connosco e axudarnos a acadar os obxectivos que nos propuxemos neste curso.


«Salvar a civilización é salvar a vida dun pobo.”

(Victor Hugo)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...