jueves, 20 de octubre de 2022

Xogos tradicionais

O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.


Versión WEB


Pódese descargar a app na seguinte ligazón:

 http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/web/paxina/descarga-a-app


jueves, 6 de octubre de 2022

Recursos para aprender, traballar e crecer en galego.

  • O vídeo Sabes todo o que temos no mar?



Vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa.

Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.


  • As 14 obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego e con materiais orientados á docencia da Biblioteca Fantástica Dixital:
Catorce obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego que avanzan no proxecto de dixitalización global dos clásicos da literatura fantástica editados por Urco iniciado durante a primeira edición do Fondo Xacobeo.

O proxecto inclúe a reedición completa; a creación de materiais complementarios orientados á docencia, que están integrados en cada volume, e a conversión en formato ePub. Os e-pubs póñense a disposición do público de forma gratuíta, sen restricións (DRM) e con licenza de uso libre (CC BY-SA) da cidadanía.

Títulos

De Robert E. Howard:

  • Almuric
  • Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
  • Relatos de terror sobrenatural
  • Máis relatos de terror sobrenatural
  • Solomon Kane

De Jack London:

  • A praga escarlata
  • Contos de ciencia ficción I
  • Contos de ciencia ficción II
  • O talón de ferro.

Pódense descargar nas seguintes ligazóns:


Samaín

 Este curso puidemos celebrar O SAMAÍN dun xeito especial, xa que dende o colexio queremos incidir especialmente, mediante a realización de...