Este curso puidemos celebrar O SAMAÍN dun xeito especial, xa que dende o colexio queremos incidir especialmente, mediante a realización de proxectos específicos, na importancia dos hábitos de vida saudables. Tomando iso como referencia, decidimos seleccionar como tema común par a celebración do Samaín-Halloween a ausencia de saúde, podendo optar por diversas posibilidades para disfrazarse (zombis, feridos,...)
- Exposición de cabazas e de monstruosas obras de arte, polos corredores do centro.
- O alumnado de EP asistíu a unha actividade no salón de actos, consistente no visionado dun video terrorífico producido polo Equipo de Plurilingüismo do centro e unha actuación do alumnado de 6º.
- O alumnado de EI tivo acceso ao conto FUNNYBONES, elaborado por Margo.
- Día de disfraces. Podemos ver unha grande orixinalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario