- O vídeo Sabes todo o que temos no mar?
Vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa.
Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.
- As 14 obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego e con materiais orientados á docencia da Biblioteca Fantástica Dixital:
Catorce obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego que avanzan no proxecto de dixitalización global dos clásicos da literatura fantástica editados por Urco iniciado durante a primeira edición do Fondo Xacobeo.
O proxecto inclúe a reedición completa; a creación de materiais complementarios orientados á docencia, que están integrados en cada volume, e a conversión en formato ePub. Os e-pubs póñense a disposición do público de forma gratuíta, sen restricións (DRM) e con licenza de uso libre (CC BY-SA) da cidadanía.
Títulos
De Robert E. Howard:
- Almuric
- Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
- Relatos de terror sobrenatural
- Máis relatos de terror sobrenatural
- Solomon Kane
De Jack London:
- A praga escarlata
- Contos de ciencia ficción I
- Contos de ciencia ficción II
- O talón de ferro.
Pódense descargar nas seguintes ligazóns:
- Conan 1. Formato EPUB. 879 KB
- Conan 2. Formato EPUB. 1 MB
- Conan 3. Formato EPUB. 848 KB
- Conan 4. Formato EPUB. 975 KB
- Conan 5. Formato EPUB. 676 KB
- Solomon Kane. Formato EPUB. 1022 KB
- Almuric. Formato EPUB. 529 KB
- Relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1004 KB
- Máis relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1 MB
- A praga escarlata. Formato EPUB. 487 KB
- Contos de ciencia ficción I. Formato EPUB. 476 KB
- Contos de ciencia ficción II. Formato EPUB. 487 KB
- O talón de ferro. Formato EPUB. 638 KB
- Antes de Adán. Formato EPUB. 502 KB
No hay comentarios:
Publicar un comentario