Este curso o noso proxecto tivo por título:
“ALIMÉNTATE BEN, ACTÍVATE TAMÉN"
«CAMIÑAMOS HACIA UNHA EDUCACIÓN EN HÁBITOS SAUDABLES» «XUNTOS EN FAVOR DUNHA EDUCACIÓN PARA A SAÚDE»
A toda a Comunidade Escolar do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, ás familias do noso alumnado e a todo o profesorado, chegado o fin deste curso, que dedicamos a un tema tan especial como son os HÁBITOS SAUDABLES , co proxecto «ALIMÉNTATE BEN, ACTÍVATE TAMÉN», encadrado no proxecto de
centro “Corpoplanet”, queremos dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, agradecer todo o voso traballo:
• En especial a todos os docentes do centro que coa súa implicación permitiron desenvolver o proxecto. Vós máis que ninguén sabedes que para acadar o benester individual e colectivo faise necesario adquirir
costumes que, ainda que parezan pequenas, poidan impactar de maneira beneficiosa na saúde física, mental e emocional. E fostes quen de implementar e fomentar hábitos saudables nas rutinas e tarefas
diarias, desde os máis pequerrechos ata os maiores do cole.
• Ás familias, que cando se lles informa axeitadamente, ensínanlle ás nenas e nenos a importancia destes hábitos e póñenos en práctica. Nelas comeza ese proceso de concienciación social tan necesario.
• A todo o alumnado que aceptou as experiencias alimentarias proporcionadas polo centro e participou activamente no proxecto.
Grazas por compartir as vosas experiencias connosco e axudarnos a acadar os obxectivos que nos propuxemos neste curso.
Seguiremos avanzando para que, como dícía o escritor Jim Rohn:
«COIDEMOS O NOSO CORPO. É O ÚNICO SITIO QUE TEMOS PARA VIVIR»
E como MEMORIA GRÁFICA DO NOSO PROXECTO, a revista O ALUSTRE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario