O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.
jueves, 20 de octubre de 2022
Xogos tradicionais
jueves, 6 de octubre de 2022
Recursos para aprender, traballar e crecer en galego.
- O vídeo Sabes todo o que temos no mar?
Vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa.
Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.
- As 14 obras de Robert E. Howard e de Jack London traducidas ao galego e con materiais orientados á docencia da Biblioteca Fantástica Dixital:
- Almuric
- Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
- Relatos de terror sobrenatural
- Máis relatos de terror sobrenatural
- Solomon Kane
- A praga escarlata
- Contos de ciencia ficción I
- Contos de ciencia ficción II
- O talón de ferro.
- Conan 1. Formato EPUB. 879 KB
- Conan 2. Formato EPUB. 1 MB
- Conan 3. Formato EPUB. 848 KB
- Conan 4. Formato EPUB. 975 KB
- Conan 5. Formato EPUB. 676 KB
- Solomon Kane. Formato EPUB. 1022 KB
- Almuric. Formato EPUB. 529 KB
- Relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1004 KB
- Máis relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1 MB
- A praga escarlata. Formato EPUB. 487 KB
- Contos de ciencia ficción I. Formato EPUB. 476 KB
- Contos de ciencia ficción II. Formato EPUB. 487 KB
- O talón de ferro. Formato EPUB. 638 KB
- Antes de Adán. Formato EPUB. 502 KB
martes, 27 de septiembre de 2022
Aliméntate ben, actívate tamén!!!
Durante este curso 2022-2023, o EDLG establecerá un proxecto de traballo DEDICADO A HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE, que titularemos : “ALIMÉNTATE BEN, ACTÍVATE TAMÉN”, que terá continuidade o vindeiro curso co coidado do medio ambiente, por iso está encadrado nun proxecto de centro titulado CORPOPLANET.
Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro baixo un tema común a todos os equipos, ao mesmo tempo que se lle da visibilidade aos hábitos de vida saudable, dende unha triple vertente: hixiene, alimentación e movemento.
O proxecto consiste en deseñar, executar e avaliar un programa de actividades relacionado cos hábitos de vida activa e saudable. Buscamos traballar todas as dimensións dun xeito integral e transversal. Este tema responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos de vida adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria), a e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual e buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro.
Pretendemos fomentar o desenvolvemento dun proxecto educativo que impliquen o uso da lingua galega e que garantan unha plena competencia comunicativa neste idioma, un proxecto que valorice e promova o seu emprego á vez que potencie habilidades comunicativas e actitudes a prol da lingua.
Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo os HÁBITOS SAUDABLES , tan necesarios nun entorno escolar san.
jueves, 16 de junio de 2022
lunes, 23 de mayo de 2022
Letras Galegas 2022
Foron varias as actividades realizadas. Algunhas recóllense a continuación:
jueves, 9 de diciembre de 2021
2º proxecto: a discapacidade visual
Os nenos e nenas de Ed. Infantil xogaron a "pita cega" e "cada ovella coa súa parella". Deste xeito experimentaron as sensacións do que se sinte cando non se ve, cando estamos privados so sentido da vista.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria tiveron unha charla cunha profesora de lingua de signos, Uxía.
Resultou moi interesante!!!!
Os nenos de primeiro e segundo elaboraron o libro, "Sentindo as cores". As cores percibidas con distintos sentidos, para que os nenos e nenas con discapacidade visual poidan aprender as cores.
Os nenos de terceiro e cuarto elaboraron o libro, "Brailleo eu, brailleas ti". Vocabulario relacionado co colexio en galego e braille.
Os nenos de quinto e sexto elaboraron un libro, "As persoas con discapacidade visual tamén destacan." onde aparecen persoas con discapacidade visual que destacan nalgunha disciplina.
jueves, 18 de noviembre de 2021
O Magosto
Este ano celebramos o Magosto separados por titorías. As normas COVID, seguen mandando!!! pero non nos impediron que coméramos castañas (cada un as que trouxo da súa casa) e boliños preñados cos que nos agasallou o centro.
Tamén nos divertimos xogando no patio do colexio a:
XOGOS POPULARES
O ALUSTRE 24 25
«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...
-
«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...
-
Este curso o noso proxecto tivo por título: "CONCIÉNCIATE EN VERDE" «Non arruines a Terra, é moi difícil atopar un planeta» A to...
-
O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descarg...
















