jueves, 18 de noviembre de 2021

O Magosto

 Este ano celebramos o Magosto separados por titorías. As normas COVID, seguen mandando!!! pero non nos impediron que coméramos castañas (cada un as que trouxo da súa casa) e boliños preñados cos que nos agasallou o centro. 

Tamén nos divertimos xogando no patio do colexio a:

XOGOS POPULARES








jueves, 4 de noviembre de 2021

O Samaín

 Celebramos Samaín e Halloween. Tradición e cultura galegas mesturadas coa tradición inglesa. Por algo somos un colexio plurilingüe.


SAMAÍN


jueves, 30 de septiembre de 2021

"Rapaces Capaces"

Durante este curso 2021-2022, o EDLG establecemos un proxecto de traballo DEDICADO A DIVERSIDADE FUNCIONAL, que titularemos : “RAPACES CAPACES”

Os temas de traballo serán: xordeira, cegueira, TDH, parálise cerebral, síndrome de Down, autismo e alteración xenética.

Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro ao mesmo tempo que se lle da visibilidade á inclusión social, eliminaremos o costume de etiquetar automaticamente ás persoas polas súas características. Queremos que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e sexan valoradas plenamente, sen que os prexuízos negativos predominen sobre as virtudes. Tendo en conta que no centro contamos con varios nenos/as escolarizados, que presentan diversidade funcional, este proxecto será moi enriquecedor para o centro: un proxecto como COLE INCLUSIVO.

Somos conscientes de que o galego é a lingua oficial no ensino en todos os niveis non universitarios, polo que esta lingua é materia de estudo obrigado e garantirase que ao remate das etapas educativas, nas que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, tanto a nivel oral como escrito, en igualdade co castelán. Para acadar plenas competencias comunicativas nun idioma tense que practicar habitualmente, resulta imprescindible desenvolver actitudes positivas cara ao seu emprego, así como habilitar outras medidas que favorezan o seu uso oral e escrito dentro e fóra das aulas.

Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo a INCLUSIÓN EDUCATIVA, tan necesaria nun entorno escolar san.

O método de traballo que empregamos é unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, que nos vai permitir integrar áreas, reflexionar sobre a realidade, sobre o que acontece, sobre as relacións persoais e sobre as interaccións que se establecen, sobre como se ensina e como se aprende cando todas e todos formamos parte do proceso e facemos camiño conxuntamente.


domingo, 20 de junio de 2021

O Alustre 2021


Este é o noso Xornal Escolar O ALUSTRE 2020-2021, un compendio das actividades realizadas ao longo de todo o curso.





Divercapacidade e unha aventura orientativa no cole.

 TAL DÍA COMO HOXE!!! segundo a mamá de Icía

Fai un aniño, Icía e eu estabamos invitando aos seus compis a unha nova aventura artística para continuar o camiño da DIVERCAPACIDADE iniciada o ano académico anterior coa profe Manu e pintar ao segundo "xeito de Icía". Pero a situación insólita que estamos a vivir nos levou a un confinamento inesperado e tivemos que deixar a proposta para tempos mellores.

 Este aniño, Icía & family non tiñamos moi claro que fose unha boa idea ir ao cole para poder vivir esta aventura porque a precaución ou o medo, segundo se mire, forman parte da nosa vida. Pero cando na nosa cabeciña nace unha idea, sempre, intentamos facela unha realidade. Así que pensando, pensando se encendeu a bombilla da imaxinación e pensamos que sería posible vivir a nosa aventura en "modo virtual" por videoconferencia." 



ICÍA VIVINDO UNHA AVENTURA "ORIENTATIVA" NO COLE!!! contada pola súa mamá

"Icía e moi para despedir este ano tan complexo por diversos motivos lle propuxemos ao seu profe Alberto e o seu profe Pablo que tiñamos que organizar unha actividade de educación física ao aire libre cos compis da pequechiña, bueno, xa non tan pequecha. O profe Pablo animounos a participar nunha aventura de orientación con brúxula e o profe Alberto e eu argallamos que sería estupendo que Icía a fixera no seu andador. A nosa aventureira comezou con entusiasmo co seu andador acompañada sempre por un/unha compi para chegar o seguinte control e poder marcar a tarxeta de orientación e ata tivo tempo para dar algún "abracito" polo camiño. Pero como o percorrido era moito longo para ela e facía un pouquiño bastante de calor, os seguintes controis decidimos que os acadara na súa cadeira de rodas. A idea era que a guiaran de forma individual aos controis, pero pasaron a ir en parellas, en trío e finalmente, o asunto da cuestión comezou a animarse e remataron indo en "pandilla" ata acadar os dez controis dos que constaba a proba."

Para ver ambas experiencias premer na foto


miércoles, 2 de junio de 2021

En maio "Vivimos en galego, e ti?"

 No mes de maio, dous aspectos fundamentais, seguimos as tradicións e conmemoramos o Día das Letras Galegas.

  • Continuamos coa tradición dos maios.
Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron uns maios moi orixinais.

 
  • Letras Galegas 2021:  Xela Arias.
Cada titoría elaborou unha infografía sobre Xela Arias, e con todas elas elaboramos un libro conmemorativo dedicado a ela,  que tamén dixitalizamos.

(Preme na imaxe para velo)

Os nenos e nenas de 1º C e 6º B, tamén dixitalizaron a súas infografías.




Os nenos e nenas de 1º C realizaron ademáis un rosco de palabras sobre Xela Arias, co seu correspondente solucionario.

(Premer na imaxe para ter acceso a el.)

O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...