jueves, 30 de septiembre de 2021

"Rapaces Capaces"

Durante este curso 2021-2022, o EDLG establecemos un proxecto de traballo DEDICADO A DIVERSIDADE FUNCIONAL, que titularemos : “RAPACES CAPACES”

Os temas de traballo serán: xordeira, cegueira, TDH, parálise cerebral, síndrome de Down, autismo e alteración xenética.

Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro ao mesmo tempo que se lle da visibilidade á inclusión social, eliminaremos o costume de etiquetar automaticamente ás persoas polas súas características. Queremos que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e sexan valoradas plenamente, sen que os prexuízos negativos predominen sobre as virtudes. Tendo en conta que no centro contamos con varios nenos/as escolarizados, que presentan diversidade funcional, este proxecto será moi enriquecedor para o centro: un proxecto como COLE INCLUSIVO.

Somos conscientes de que o galego é a lingua oficial no ensino en todos os niveis non universitarios, polo que esta lingua é materia de estudo obrigado e garantirase que ao remate das etapas educativas, nas que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, tanto a nivel oral como escrito, en igualdade co castelán. Para acadar plenas competencias comunicativas nun idioma tense que practicar habitualmente, resulta imprescindible desenvolver actitudes positivas cara ao seu emprego, así como habilitar outras medidas que favorezan o seu uso oral e escrito dentro e fóra das aulas.

Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo a INCLUSIÓN EDUCATIVA, tan necesaria nun entorno escolar san.

O método de traballo que empregamos é unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, que nos vai permitir integrar áreas, reflexionar sobre a realidade, sobre o que acontece, sobre as relacións persoais e sobre as interaccións que se establecen, sobre como se ensina e como se aprende cando todas e todos formamos parte do proceso e facemos camiño conxuntamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ALUSTRE 2023-2024

  Este curso o noso proxecto tivo por título: "CONCIÉNCIATE EN VERDE" «Non arruines a Terra, é moi difícil atopar un planeta» A to...