Aquí temos o xornal que pon o punto final do curso 2021-2022, O ALUSTRE:

Foron varias as actividades realizadas. Algunhas recóllense a continuación:
Os nenos e nenas de Ed. Infantil xogaron a "pita cega" e "cada ovella coa súa parella". Deste xeito experimentaron as sensacións do que se sinte cando non se ve, cando estamos privados so sentido da vista.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria tiveron unha charla cunha profesora de lingua de signos, Uxía.
Resultou moi interesante!!!!
Os nenos de primeiro e segundo elaboraron o libro, "Sentindo as cores". As cores percibidas con distintos sentidos, para que os nenos e nenas con discapacidade visual poidan aprender as cores.
Os nenos de terceiro e cuarto elaboraron o libro, "Brailleo eu, brailleas ti". Vocabulario relacionado co colexio en galego e braille.
Os nenos de quinto e sexto elaboraron un libro, "As persoas con discapacidade visual tamén destacan." onde aparecen persoas con discapacidade visual que destacan nalgunha disciplina.
Este ano celebramos o Magosto separados por titorías. As normas COVID, seguen mandando!!! pero non nos impediron que coméramos castañas (cada un as que trouxo da súa casa) e boliños preñados cos que nos agasallou o centro.
Tamén nos divertimos xogando no patio do colexio a:
XOGOS POPULARES
Celebramos Samaín e Halloween. Tradición e cultura galegas mesturadas coa tradición inglesa. Por algo somos un colexio plurilingüe.
Durante este curso 2021-2022, o EDLG establecemos un proxecto de traballo DEDICADO A DIVERSIDADE FUNCIONAL, que titularemos : “RAPACES CAPACES”
Os temas de traballo serán: xordeira, cegueira, TDH, parálise cerebral, síndrome de Down, autismo e alteración xenética.
Este proxecto busca que O GALEGO se empregue en todas as situacións da vida cotiá do centro ao mesmo tempo que se lle da visibilidade á inclusión social, eliminaremos o costume de etiquetar automaticamente ás persoas polas súas características. Queremos que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e sexan valoradas plenamente, sen que os prexuízos negativos predominen sobre as virtudes. Tendo en conta que no centro contamos con varios nenos/as escolarizados, que presentan diversidade funcional, este proxecto será moi enriquecedor para o centro: un proxecto como COLE INCLUSIVO.
Somos conscientes de que o galego é a lingua oficial no ensino en todos os niveis non universitarios, polo que esta lingua é materia de estudo obrigado e garantirase que ao remate das etapas educativas, nas que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, tanto a nivel oral como escrito, en igualdade co castelán. Para acadar plenas competencias comunicativas nun idioma tense que practicar habitualmente, resulta imprescindible desenvolver actitudes positivas cara ao seu emprego, así como habilitar outras medidas que favorezan o seu uso oral e escrito dentro e fóra das aulas.
Co noso proxecto pretendemos favorecer a competencia comunicativa en galego, favorecendo ao mesmo tempo a INCLUSIÓN EDUCATIVA, tan necesaria nun entorno escolar san.
«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...