miércoles, 2 de junio de 2021

En marzo "Mulleres"

Porque somos Mulleres, porque somos traballadoras, e sobre todo porque educamos a nenos e nenas que queremos que vivan en igualdade:

AS MULLERES DO COLE TAMÉN FESTEXAMOS!
 


O TALENTO NON TEN XÉNERO!

E por iso, en colaboración co equipo de igualdade, traballamos cos nenos e nenas o fenómeno 

"NON MÁIS MATILDAS"

Un fenómeno en honor a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denunciar a inxusticia, que ignorou de xeito sistemático, os haxazgos de científicas brillantes ao longo da historia. Mulleres que caeron no olvido e non poideron converterse en exemplos a seguir para todas as nenas que lles fixemos pensar que a ciencia é cousa de homes.
O centro quixo contribuir, no Día da Muller, co movemento, para devolver a todas as científicas ao lugar que lles corresponde.

(Preme na imaxe para velo)

Cada titoría elaborou unha páxina do libro "Non máis Matildas", que posteriormente dixitalizamos para que todos os alumnos e alumnas do centro tiveran acceso a el.

Os nenos e nenas de 4º C tamén aportaron a súa propia celebración do 8 M-2021: "Orgullosa de ser muller".



E os nenos e nenas de 3º A traballaron sobre a figura de Eugenia Pereira, unha muller de O Carballiño. No noso pobo tamén temos mulleres importantes, loitadoras e que destacan no seu eido.


martes, 25 de mayo de 2021

Entroido 2021

 Cada un foi o que quixo ser!





Dende Infantil a 6º de Primaria, ninguén perdeu a ilusión por celebrar o entroido. Nin a pandemia nin as máscaras nos amargaron o día.E por suposto tamén tivemos ao Meco.


En Febreiro "Acordámonos de RosalÍa"

 Nenos e nenas  puxéronse a escribir poemas, tomando como referencia o poema de Rosalía "Adiós ríos, Adiós fontes". O resultado foron murais conmemorativos e un libro "POEMAS A ROSALÍA", onde se recolleron todos os poemas ilustrados.







Tamén os nenos e nenas de 4º B, ilustraron o poema "Rosalía pequeniña".




E non podía faltar o recitado de poemas, por nenos e nenas de 1º, 3º e 4º de primaria.


                    
 

En xaneiro "Construímos a Paz!"

 A PAZ non é algo que desexas,

é algo que fas,

algo que eres

 e algo que regalas.

                                   (John Lennon)

Por iso este ano decidimos CONTRUÍR O MURO DA PAZ. Cada titoría elaborou tres ladrillos para poder construir dito muro, con mensaxes alusivos ao tema tratado.






E ademais MOVÉMONOS POLA PAZ, ao ritmo da canción "Móvete" de Paco Nogueira".


 
 


lunes, 21 de diciembre de 2020

En decembro Concurso de Tarxetas de Nadal

As Tarxetas gañadoras do CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL foron os seguintes:







A cada un dos gañadores entregóuselle un libro en lingua galega como premio.





miércoles, 25 de noviembre de 2020

En novembro, "A burbulla do magosto"

 Este ano fixemos UN MAGOSTO DIFERENTE, pero non por iso menos interesante.


O Magosto dos Super Primeiros


Un Magosto Superorixinal, 2º EP


Un Magosto Creativo, 3º EP

Un xeito diferente de celebrar o Magosto. 4º EP



Un Magosto Artístico, 5º e 6º EP







domingo, 15 de noviembre de 2020

Sabores de Outono

 O proxecto desenvolvido durante o mes de outubro tivo como título, SABORES DE OUTONO, no que todo o alumnado do colexio, tivo a oportunidade de elaborar unha receita con produtos típicos galegos, supervisados polas súas familias.

Traballos escritos e orais, unha gran participación. 

GRAZAS pola ilusión que puxestes!


Recetario de Outono 1 ( Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria)


Recetario de Outono 2 (De 3º a 6º de Primaria)


Sabores de Outono (1ª parte)



Sabores de Outono (2ª parte)


Darlle tamén as grazas a profe Luz, que nos axudou coas montaxes dos vídeos.



O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...