Porque somos Mulleres, porque somos traballadoras, e sobre todo porque educamos a nenos e nenas que queremos que vivan en igualdade:
AS MULLERES DO COLE TAMÉN FESTEXAMOS!
O TALENTO NON TEN XÉNERO!
E por iso, en colaboración co equipo de igualdade, traballamos cos nenos e nenas o fenómeno
"NON MÁIS MATILDAS"
Un fenómeno en honor a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denunciar a inxusticia, que ignorou de xeito sistemático, os haxazgos de científicas brillantes ao longo da historia. Mulleres que caeron no olvido e non poideron converterse en exemplos a seguir para todas as nenas que lles fixemos pensar que a ciencia é cousa de homes.
O centro quixo contribuir, no Día da Muller, co movemento, para devolver a todas as científicas ao lugar que lles corresponde.
Cada titoría elaborou unha páxina do libro "Non máis Matildas", que posteriormente dixitalizamos para que todos os alumnos e alumnas do centro tiveran acceso a el.
Os nenos e nenas de 4º C tamén aportaron a súa propia celebración do 8 M-2021: "Orgullosa de ser muller".
E os nenos e nenas de 3º A traballaron sobre a figura de Eugenia Pereira, unha muller de O Carballiño. No noso pobo tamén temos mulleres importantes, loitadoras e que destacan no seu eido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario