miércoles, 26 de junio de 2024

O ALUSTRE 2023-2024

 Este curso o noso proxecto tivo por título:

"CONCIÉNCIATE EN VERDE"

«Non arruines a Terra, é moi difícil atopar un planeta»

A toda a Comunidade Escolar do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, ao alumnado, ás familias e a todo o profesorado, chegado o fin deste curso, que dedicamos a un tema tan especial como é O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE , co proxecto «CONCIÉNCIATE EN VERDE», encadrado no proxecto de centro “Corpoplanet”, queremos dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, agradecer todo o voso traballo.

Queremos expresar o noso agradecemento pola vosa constante dedicación e esforzo. O voso compromiso co proxecto foi evidente en cada unha das actividades realizadas. Grazas por compartir as vosas experiencias connosco e axudarnos a acadar os obxectivos que nos propuxemos neste curso.

A educación ambiental dos nenos e nenas debe comezar na escola. O destino do planeta está nas súas mans e é importante que desde pequenos aprendan a racionalizar os recursos e a aportar o seu gran de area na loita contra o cambio climático. Xogámonos un mundo mellor, máis sostible e habitable. O ensino primario é unha etapa clave no desenrolo da conducta, a conciencia social e a solidariedade. No colexio aprendemos valores e comportamentos que nos acompañarán na idade adulta e nos definirán como cidadáns. De aí a importancia deste proxecto para espertar o interese dos escolares polo coidado e a protección do medio ambiente.

Pretendemos que os nenos e nenas fagan do coidado da natureza un estilo de vida, en lugar de limitarse a estudiala. 


«Máis tarde ou máis cedo seguro que a natureza se vingará de todo o que os homes fagan na súa contra”.

                                                                                        (Johann Heinrich Pestalozzi)


E como MEMORIA GRÁFICA DO PROXECTO, a nosa Revista Escolar:


O ALUSTRE


O ALUSTRE 2023-2024

  Este curso o noso proxecto tivo por título: "CONCIÉNCIATE EN VERDE" «Non arruines a Terra, é moi difícil atopar un planeta» A to...