martes, 20 de octubre de 2020

No noso cole imos estar ben!

Este é o proxecto que desenvolvemos no mes de SETEMBRO, "No noso cole imos estar ben!", e que se reflexa nos seguintes vídeos:

  • Un video que amosa como durante o mes de setembro no noso cole empezou unha nova realidade. Un video que deixa ver os sentimentos dos nenos e nenas ante un cole un tanto diferente.



XA ESTAMOS NO COLE!

  • A profe Ceci de música, compuxo e interpretou unha bonita canción, a que lle puxemos imaxes do noso cole, e de todo o que temos que facer para estar ben nesta etapa que nos toca pasar.



Plan de Traballo para o curso 2020-2021

 O Plan de Traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para este curso é o seguinte:


PLAN DE TRABALLO



lunes, 22 de junio de 2020

Conmemoración do Día das Letras Galegas




 Aos nenos/as de 3º propuxéronlles varias actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas: 
  •       Reto: Eu leo en galego (recomendacións lectoras), 
  •     creación de slogans para espallar o galego e 
  •      Caricaturas con efecto acuarela do autor R. Carballo Calero.
O resultado foi o seguinte:




miércoles, 13 de mayo de 2020

Historia dun confinamento


Unha historia creada polo EDLG, que une as Letras Galegas co tempo de confinamento que estamos a vivir.

lunes, 11 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas: Ricardo Carballo Calero

Este ano dedicada ao autor Ricardo Carvalho Calero. Aquí vos dixamos unha serie de ligazóns para consultar ou traballar durante esta semana.

Seminario Galán


Real Academia Galega

Secretaría Xeral de Política Lingüística

domingo, 26 de abril de 2020

Poemas de Ricardo Carvalho Calero cantados por nenos e nenas de 6º EP

Os nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria, dirixidos polo seu profesor de música, José Luis Fernández, Carnicero, cantan poemas de Ricardo Carvallo Calero, o autor homenaxeado das Letras Galegas 2020.

 






Os cursos de Primaria Sexto A, B e C cantan: Fiestra ao Mar e Romeu

Poemas de Ricardo Carvalho Calero

Composición musical e adaptación do texto: O profe Carnicero

Grabación: Visualq. Produtora audiovisual. Cámara e postproducción: Luis Baños

lunes, 17 de febrero de 2020

Semana do Meco.

As ordes do Meco para toda a semana son as seguintes:


LUNS: Un sombreiro ides traer para un director parecer!

MARTES: Pantalón ou saia entroideira e charramangueira!

MÉRCORES: Gravata de producción mola un montón!

XOVES: Disfrázate do que queiras e con boas ideas!

VENRES: Un entroido de cine!


O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...