miércoles, 13 de mayo de 2020

Historia dun confinamento


Unha historia creada polo EDLG, que une as Letras Galegas co tempo de confinamento que estamos a vivir.

lunes, 11 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas: Ricardo Carballo Calero

Este ano dedicada ao autor Ricardo Carvalho Calero. Aquí vos dixamos unha serie de ligazóns para consultar ou traballar durante esta semana.

Seminario Galán


Real Academia Galega

Secretaría Xeral de Política Lingüística

domingo, 26 de abril de 2020

Poemas de Ricardo Carvalho Calero cantados por nenos e nenas de 6º EP

Os nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria, dirixidos polo seu profesor de música, José Luis Fernández, Carnicero, cantan poemas de Ricardo Carvallo Calero, o autor homenaxeado das Letras Galegas 2020.

 






Os cursos de Primaria Sexto A, B e C cantan: Fiestra ao Mar e Romeu

Poemas de Ricardo Carvalho Calero

Composición musical e adaptación do texto: O profe Carnicero

Grabación: Visualq. Produtora audiovisual. Cámara e postproducción: Luis Baños

lunes, 17 de febrero de 2020

Semana do Meco.

As ordes do Meco para toda a semana son as seguintes:


LUNS: Un sombreiro ides traer para un director parecer!

MARTES: Pantalón ou saia entroideira e charramangueira!

MÉRCORES: Gravata de producción mola un montón!

XOVES: Disfrázate do que queiras e con boas ideas!

VENRES: Un entroido de cine!


Gañadores do Concurso de Nadal

As tarxetas gañadores do concurso son as seguintes:







   






martes, 1 de octubre de 2019

Benvidos a: "Éche o que hai"

Ola a todos. Este Blog, coordinado polo EDLG e o de AA.EE, quere ser un caixón sempre aberto para que poidamos compartir os nosos proxectos e experiencias.

Compartir as actividades nas que participa o noso alumnado, os traballos que realizan, ..., pero, sobre todo, esperamos que este blog sexa algo máis que unha narración de todo o que facemos no colexio, gustaríanos que fora un ente activo, de intercambio de experiencias, onde poidamos propoñervos outras actividades e achegarvos a recursos educativos e a diferentes materiais que sexan útiles para todos, sempre baixo a perspectiva do idioma galego.

Engánchate a nós, emprega o galego!

Pois como xa dicía Castelao:

«Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, ás fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma».

O ALUSTRE 24 25

«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...