Nenos e nenas puxéronse a escribir poemas, tomando como referencia o poema de Rosalía "Adiós ríos, Adiós fontes". O resultado foron murais conmemorativos e un libro "POEMAS A ROSALÍA", onde se recolleron todos os poemas ilustrados.
martes, 25 de mayo de 2021
En xaneiro "Construímos a Paz!"
A PAZ non é algo que desexas,
é algo que fas,
algo que eres
lunes, 21 de diciembre de 2020
En decembro Concurso de Tarxetas de Nadal
As Tarxetas gañadoras do CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL foron os seguintes:
miércoles, 25 de noviembre de 2020
En novembro, "A burbulla do magosto"
Este ano fixemos UN MAGOSTO DIFERENTE, pero non por iso menos interesante.
domingo, 15 de noviembre de 2020
Sabores de Outono
O proxecto desenvolvido durante o mes de outubro tivo como título, SABORES DE OUTONO, no que todo o alumnado do colexio, tivo a oportunidade de elaborar unha receita con produtos típicos galegos, supervisados polas súas familias.
Traballos escritos e orais, unha gran participación.
GRAZAS pola ilusión que puxestes!
Recetario de Outono 1 ( Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria)
Recetario de Outono 2 (De 3º a 6º de Primaria)

Sabores de Outono (1ª parte)
martes, 20 de octubre de 2020
No noso cole imos estar ben!
Este é o proxecto que desenvolvemos no mes de SETEMBRO, "No noso cole imos estar ben!", e que se reflexa nos seguintes vídeos:
- Un video que amosa como durante o mes de setembro no noso cole empezou unha nova realidade. Un video que deixa ver os sentimentos dos nenos e nenas ante un cole un tanto diferente.
XA ESTAMOS NO COLE!
- A profe Ceci de música, compuxo e interpretou unha bonita canción, a que lle puxemos imaxes do noso cole, e de todo o que temos que facer para estar ben nesta etapa que nos toca pasar.
Plan de Traballo para o curso 2020-2021
O Plan de Traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para este curso é o seguinte:
O ALUSTRE 24 25
«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...
-
«Viaxamos ao pasado» O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo , de O Carballiño, xunto co resto da ...
-
Este curso o noso proxecto tivo por título: "CONCIÉNCIATE EN VERDE" «Non arruines a Terra, é moi difícil atopar un planeta» A to...
-
O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descarg...



























